Todas as autorías > Sabino Torres Ferrer
Sabino Torres Ferrer
Biografía
Sabino Torres Ferrer (1924-2016) foi un editor e escritor nado en Pontevedra, membro correspondente da Real Academia Galega desde 1952.
De neno encárgase dos recados da imprenta do seu pai, Gráficas Torres, e aí comeza a súa actividade como editor e escritor.
En 1943 comeza a escribir na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro e dez anos despois, en 1953, creou o semanario Litoral, do que foi redactor-xefe e subdirector. Tamén foi colaborador no Diario de Pontevedra e coordinador dos actos culturais cos que reabriu Teatro Principal de Pontevedra en 1991.
En 1949 editou a primeira colección de poesía en galego durante o franquismo, a colección Benito Soto, con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira, que imprimían en Gráficas Torres, pertencente ao seu pai. En 1992 fundou a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez Negreira.
Obras destacadas
- As tres columnas (2008, Editorial Galaxia).
- Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960 (2014, Editorial Galaxia).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).


