Todas as obras > Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros
Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros
Coord. Ana Acuña e Olivia Rodríguez
Editado por: Concello de Pontevedra e Editorial Galaxia
Ano de publicación: 2015
Sinopse
Un volume, coordinado por Ana Acuña e Olivia Rodríguez, que reúne os textos que 19 autores e autoras contemporáneas lle adican á cidade de Pontevedra, acompañados polas imaxes da fotógrafa pontevedresa Noel Queipo.
Cita
“En 1669 o artista veneciano Pierre Maria Baldi, que arribou a estas terras na compaña de Cosimi de Medici, serenísimo duque da Toscana, camiño de Compostela, deixou constancia da fasquía da urbe nunha acuarela deseñada dende os montes de Campañó na que se ven os altos de San Francisco e de Santa María, os arrabaldes da Moureira e, sobre todo, a vella Ponte do Burgo, tamén chamada Ponte de Santiago, cos seus catorce arcos e as súas torres de entrada e de saída”.