Este mapa pretende mostrar unha escolma diversa de camiños posíbeis: desvelar algúns dos vieiros por onde as letras pasean, saltan e mergullan en Pontevedra. As obras e autorías son unha selección das moitas recompiladas noutros apartados desta web.
A nosa escolla, como a literatura, non é estática. Camiña, móvese, agóchase, sae ao noso encontro e por veces marcha correndo. Como ela podería haber outras. Polo tanto, esta mostra permanece aberta e en transformación continua.