Todas as obras > Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960

Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960

Sabino Torres
Editado por: Editorial Galaxia
Ano de publicación: 2014

Sinopse

Memorias do editor Sabino Torres, como testemuña dun tempo escuro e aínda así cheo de luces, relampos no fuscolusco, que invitan a reconstruír un período da nosa historia máis próximo do que parece. Con humor e intelixencia, e cunha prosa áxil e desinhibida, o autor recupera un tempo pouco coñecido da nosa historia contemporánea (da nosa historia cultural e da nosa historia social), centrado na vila do Lérez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en África e as manifestacións a prol da República, que o autor viu como reprimían sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba ás bólas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais.

Cita

“Alí levaron unha daquelas noites ao arquitecto Tano Cochón para que explicase aos pontevedreses a razón dos seis andares no edificio levantado pola familia Olmeno no número dous da rúa Michelena, que rompían coa harmonía da cidade, onde non se pasaba de catro andares. Tano Cachón do alto prezo pagado polo propietario ao Concello, que aliñara varios edificios. Non recordo as cifras que se esgrimiron, pero no pensar de moitos non se xustificaba aquela monstruosa -así se cualificou- edificación. Antonio Iglesia Vilarelle puxo a nota simpática, pintoresca: ‘Tano, o que non comprendo é o de levar os soportais ao último andar. Sempre estiveron a rentes de terra’?”