Obras

Sabías que Pontevedra foi o fogar dunha muller xabaril? Que aquí choveron gatos? Ou que o escritor inglés Aubrey F. G. Bell escribiu sobre a cidade nunha crónica viaxeira de 1920?

Neste apartado podes consultar estas e moitas outras historias que constrúen a Boa Vila. Trátase dunha escolla non exhaustiva e en continua ampliación que reúne diferentes obras onde a cidade ten presenza destacada.

Deixa que as capas te sorprendan, filtra os títulos por categorías ou realiza unha busca concreta. Fagas como fagas, ven pasear pola Pontevedra literaria connosco!

Tes algunha suxestión de incorporación? Algunha corrección? Fáinola chegar a info@pontevedradescrita.gal

Buscar

Cancelos obras

11. Cancelos de contidos literarios OBRAS