Todas as obras > As tres columnas

As tres columnas

Sabino Torres
Editado por: Editorial Galaxia
Ano de publicación: 2008

Sinopse

Un libro escrito entre a memoria e a ficción, entre a crónica e a reinvención literaria da Pontevedra nos anos trinta a cincuenta no vello barrio da Moureira, antigo arrabalde das putas, territorio de iniciación para certa sociedade pontevedresa. Aquí recréase un tempo de mocidade que corresponde a toda unha xeración.

Cita

“Se damos un rápido paseo pola Moureira, de embaixadora actuaría sen dúbida a Casa das Tres Columnas. Era a primeira. Xa se albiscaba dende Xofre de Tenorio, pola súa graciosa arquitectura, e topábase un con ela cando se baixaba a costiña de terra -o Concello tiña abandonado aquel barrio, do que se avergoñaba- que desembocaba no seu adro. Dotada de Tres Columnas, das que recibía o seu nome, a casa daba a benvida acendéndose coma un facho, sempre envolta nunha música alegre que traspasaba a porta aberta ao vagaván. Porque, iso si, na Moureira xamais se pechaban as portas; permanecían sempre abertas, como un saúdo cordial de boa acollida, da maison de Eros”.