Sobre P(d)e

Pontevedra (d)escrita quere dar a coñecer a Pontevedra literaria como un espazo vivo. Así, pretende rachar coas visións monolíticas da literatura e visibilizar a diversidade de voces da Boa Vila.

Esta iniciativa do Concello de Pontevedra está artellada ao redor dun mapa literario impreso e en versión web. A súa ollada ampla e representativa vincúlanos á cidade e ao resto do concello a través de autorías, obras, roteiros e espazos.

Centrada inicialmente na produción en galego, Pontevedra (d)escrita irá co tempo ampliando os seus contidos e descubrindo novos mundos literarios.

Un só mapa non pode recoller toda a diversidade dunha cidade onde a literatura abrolla das fontes, xoga nas casas e cruza as pontes dándolle de ler a quen pasa

Pontevedra (d)escrita, polo tanto, non é un catálogo exhaustivo; senón un rueiro que comeza os camiños para que ti poidas continualos.

Ven (re)descubrir connosco esta Pontevedra creada con retallos de versos, ficcións e universos paralelos!