Eva Mejuto. Orixe da fotografía: Cedida pola autora. Autoría: Do Martínez.

Todas as autorías > Eva Mejuto

Eva Mejuto

Biografía

Eva Mejuto (1975) é natural de Sanxenxo e vive en Pontevedra desde hai máis de 20 anos. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado.

É autora e tradutora de diversos libros infantís e xuvenís, marcados polo compromiso coa memoria e coa diversidade sexual e de xénero. A súa traxectoria laboral está vinculada co mundo literario. Traballou no sector editorial infantil desde 1998 até 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Foi docente durante dez anos no mestrado Libro ilustrado e animación audiovisual da Universidade de Vigo. Actualmente forma parte da empresa de xestión cultural Capicúa, que se encarga, entre outros proxectos, da organización do Salón do Libro de Pontevedra.

Tamén é autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas, e colaborou en varias obras colectivas.

Obras destacadas

  • A casa da mosca chosca (2002, Kalandraka), con ilustracións de Sergio Mora.
  • Corre, corre, cabaciña (2006, OQO), con ilustracións de André Letria.
  • 22 segundos (2017, Edicións Xerais).
  • Memoria do silencio (2019, Edicións Xerais).
  • A lavandeira de San Simón (2020, Edicións Xerais), con ilustracións de Bea Gregores, premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade Iniciativa bibliográfica.
  • Neko (2021, Oqueleo), con ilustracións de Bea Gregores, premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade Xuvenil.
  • A ladroa da biblioteca de meirás (2022, Edicións Xerais), premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de Obra de divulgación.
  • Memoria diversa (2022, Deputación Provincial da Coruña), premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de Obra de divulgación.
  • O día que choveron gatos (2023, Edicións Xerais), con ilustracións de Susana Suniaga.
  • Os contos do lobicán (2023, Baía Edicións), premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade rapaces.

Obras en Pontevedra (d)escrita