Obra ilustrada sobre a percepción da cidade ideal imaxinada polas crianzas. Aínda que non se fai referencia explícita no texto, a cidade sobre a que se soñan estes cambios é Pontevedra, como reflicten as ilustracións.
“Se puidese inventar un lugar onde vivir deseñaría unha cidade enteira para xogar: enchería rúas, prazas e avenidas con bólas, patinetes e cordas para saltar.”