Todas as obras > O día que choveron gatos

O día que choveron gatos

Eva Mejuto
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 2023
Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil

Sinopse

Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear a campaña, convencida de que só ela pode salvar os animais. Pero un día van chover gatos e Catarina decatarase de que unha persoa soa non pode cambiar o mundo, pero en boa compañía pode, polo menos, intentalo.

Unha divertida historia chea de humor, sátira, solidariedade e amor polos animais.

Cita

“Mentres eu me debatía na dúbida de ter un can ou un gato, ou varios de cada especie, fomos vivir a un edificio do centro histórico da cidade. Para os meus pais foi amor a primeira vista. Onde eu vía unha casa vella nunha ruela estreita e escura que cheiraba a musgo, eles visualizaban unha alfaia arquitectónica que recendía a camelia e a xasmín, e ata se escoitaba de fondo música de piano. «Parvos perdidos», pensaba eu. A cidade fea non era. Pero cheiraba bastante mal, como aínda hoxe, polo fume da fábrica que temos a carón do mar”.