Rafael Fontoira Surís. Orixe da fotografía: Cedida por Laiovento.

Todas as autorías > Rafael Fontoira Surís

Rafael Fontoira Surís

Biografía

Rafael Fontoira Surís (1946) é un arquitecto e historiador nado en Pontevedra, cunha grande vinculación coa literatura.

Foi profesor axudante de Instalacións na Escola Superior de Arquitectura da Universidade de Navarra e arquitecto do Patrimonio Histórico Artístico durante trinta anos. Ademais de ser fundador, director e profesor da Escola de Canteiros de Poio.

As súas investigacións históricas deron lugar a numerosos ensaios editados pola Deputación de Pontevedra, moitas destas publicacións ao redor da cidade do Lérez. Destacamos aquí Xan do Arrabaldo (2018), a súa primeira novela, ambientada en Pontevedra.

Obras destacadas

  • Xan do Arrabaldo (2018, Laiovento).

Obras en Pontevedra (d)escrita