Todas as obras > Xan do Arrabaldo
Xan do Arrabaldo
Sinopse
Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia. Foron moitas as aventuras e desvelos que tivo que sufrir o protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da Boa Vila ao ser cercada polas tropas dos Reis Católicos, comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Cita
“Todo empezou polas liortas entre o noso arcebispo de Santiago, García Manrique, e o arcebispo de Toledo, Pedro Tenorio.
O rei de Castela Henrique III tivo distincións co arcebispo de Toledo; o de Santiago e non llo perdoou e uniuse o rei de Portugal coa vila de Pontevedra, Santiago e outros castelos da súa propiedade. As tropas do rei Henrique III atacaron e cercaron a vila de Pontevedra.
E houbo un reto.”