Todas as autorías > Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
Biografía
Miguel Suárez Abel (1952-2017) foi un docente e escritor, licenciado en psicoloxía e colaborador habitual de prensa e radio. Aínda que era natural de Arzúa, exerceu como mestre no IES Luís Seoane de Pontevedra até o seu falecemento no ano 2017 por mor dun cancro.
Coñeceuse a súa faceta literaria ao gañar o Certame Modesto R. Figueiredo en 1981, 1982 e 1983. En 1986 publicou a súa primeira novela, Turbo, gañadora do Premio Blanco Amor. A partir deste momento destacou a súa carreira literaria, acadando numerosos premios. Tamén cultivou o ensaio e participou en obras colectivas. No ano 2001 recibiu o Premio de xornalismo Julio Camba.
Obras destacadas
- Turbo (1988, Edicións Xerais), premio Blanco Amor.
- Sabor a ti (1991, Edicións Xerais).
- O repenique de Beatriz Goldar (2002, Ir Indo), premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.
- Nunca te vin chorar (2010, Editorial Galaxia).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
