María Victoria Moreno. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > María Victoria Moreno

María Victoria Moreno

Biografía

María Victoria Moreno Márquez (1941-2005), foi mestra e escritora. Viviu en Pontevedra desde 1963, onde se estreou como docente no Instituto Feminino de Pontevedra. Tamén deu aulas nos institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, e rematou xubilándose na cidade tras breves periplos en Lugo e Sanxenxo. Era catedrática en Lingua e Literatura Española e non había actividade que lle gustase tanto como dar clase, pero foi a súa faceta como escritora a que lle deu sona e que a fixo máis que merecedora de ser a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.

Fixo o pregón da Feira do libro de Pontevedra do ano 2003 en forma de poema longo, onde cita diferentes persoeiros da cidade. O poema foi publicado postumamente en Elexías de luz (2006, Edicións Xerais).

Obras destacadas

  • Mar adiante, (1973, Ediciós do Castro), con ilustracións de Carmen Arias.
  • A festa no faiado (1983, Editorial Galaxia), con ilustracións de Irene Fra.
  • Leonardo e os fontaneiros (1986, Editorial SM), con ilustracións de Mª do Carme Salgado, 3º Premio O Barco de Vapor.
  • Anagnórise (1988, Editorial Galaxia).
  • Querida avoa (1993, Contos do Castromil).
  • ¿E haberá tirón de orellas? (1997, Editorial Galaxia), con ilustracións de C Peris.
  • Guedellas de seda e liño (1999, Editorial Galaxia).
  • Elexías de luz (2006, Edicións Xerais).
  • O amor e as palabras (2017, Urco Editora).

Obras en Pontevedra (d)escrita