Todas as obras > Elexías de luz

Elexías de luz

María Victoria Moreno
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 2006

Sinopse

Libro de poemas póstumo de María Victoria Moreno publicado en 2006 e reeditado en 2017, composto dos poemas reunidos en cinco cadernos pola autora. A última parte, Dous folios que foron brancos, é o poemario no que a autora estaba a traballar antes da súa morte e quixo conservarse tal e como ela o deixou.

Cita

“Sinto orgullo pola vila,
a quen amei desde nena,
e amo máis cada día
conforme me fago vella.
Amo os ceos anubrados
que parece que se achegan
a escoita-las nosas voces
e a compartir confidencias.

Amo a choiva dos outonos,
a máis fermosa da terra,
cando estala nos cristais
en xentil soño de estrelas,
cando xeme nos lousados,
cando teima contra as pedras
e mesmo cando proclama
ante nós esa firmeza
que lle vén de alén os mares,
Onde a luz casa coas tebras.”