Todas as obras > María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito
María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito
Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 2018
Sinopse
Un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura.
Cita
“María Victoria adoitaba dicir «A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor». Esta historia de amor comeza en Pontevedra.”