Filomena Dato Muruais. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Filomena Dato

Filomena Dato

Biografía

Filomena Dato Muruais (1856-1926), escritora de orixe ourensá que estivo vinculada a Pontevedra pola súa relación familiar cos escritores pontevedreses Andrés e Xesús Muruais Rodríguez, con quen compartía tertulias literarias. Na cidade recibiu un accésit nos xogos florais de 1884 e gañou un premio nos de 1888.

Escritora bilingüe en galego e castelán, colaborou en diferentes xornais da época. Con Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Fanny Garrido e outras intelectuais coetáneas, compartiu faladoiro e inquedanzas feministas e é a segunda escritora, despois de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX, Follatos.

Foi recoñecida polo seu labor literario en varios certames e, en 1906, foi nomeada académica correspondente da Real Academia Galega. A súa figura segue sendo lembrada, e en 2019, un edificio na Universidade de Vigo foi nomeado en súa honra.

Obras destacadas

  • La letanía lauretana en verso (1877).
  • Penunbras (1880).
  • Follatos (1891), galardoada en Ourense en 1887 e en Pontevedra e Sevilla en 1888.
  • A la tuna conimbricense (1898).

Obras en Pontevedra (d)escrita