Todas as obras > Follatos: poesías gallegas
Follatos: poesías gallegas
Sinopse
Follatos é a única obra escrita en galego pola súa autora, Filomena Dato Muruais, unha das máis celebradas intelectuais do seu tempo. Esta obra está dedicada á infanta Isabel de Borbón e trátase duhna recopilación de cuarenta e cinco poemas que denuncian os estereotipos de xénero, deixando moi presente asúa reivindicación feminista e a defensa da muller. Ademáis inclúense unha series de escritos de carácter intimista, como o poema dedicado á cidade de Pontevedra.
Cita
“Á PONTEVEDRA
¡Salve preciosa ciudade,
rica xoya de Galicia!
de cen heróes nai donosa.
¡Salve, Pontevedra linda!
¡Salv’ amor d’ os meus amore
d’ o Lérez pelra divina!
Eu que tanto t’ idolatro
quixera qu’a miña lira
cen cordas d’ outro tivese
qu’ en vibraciós pelegrinas
o que sint’ o peit’ amante
te dixesen n-este dia.
Sint’ Helenes adourada
ô pisar estas campiñas
cheos de bágoas os ollos
y-o curazon d’ alegría. (…)”