Todas as obras > Cegoñas no fondo da ría

Cegoñas no fondo da ría

Manuel Lourenzo
Editado por: Urco Editora
Ano de publicación: 2015

Sinopse

É unha colección de 25 “atopocronías”, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus ficción-mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra. Nestas páxinas descubrimos algúns temas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, o incendio da Biblioteca Panxeica de Pontevedra, rodando Casablanca no café Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu, un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do rei Urco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xacia que chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría das terras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, as pirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no Museo Provincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unha Pontevedra na selva ecuatorial africana … cegoñas no fondo da ría.

Cita

“Xa como reputado artesán e tanxedor de gaita, Ubaldo adoitaba botar longas horas no sosego do areal dos Praceres a probar punteiros, roncos e ronquetes. E foi nunha destas sesións de ensaio, unha clara mañá de abril, cando aconteceu algo nunca vista: un certo número de cabezas e torsos femininos asomaron entre os ondas co oído atento ás notas do instrumento. Era un grupo de sereas que se foron achegando ata unha distancia prudencial. O gaiteiro tardou en decatarse do auditorio que xuntara, de tan concentrado como estaba na interpretación, mais non os mariñeiros que tendían as redes no sequeiro, e que ficaron abraiados.”