Todas as autorías > Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
Biografía
Manuel Lourenzo González (1955) é docente e escritor natural de Vilaboa. Licenciouse en Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra até a súa xubilación.
Como autor ten publicadas numerosas obras e acadado múltiples galardóns literarios. Publicou desde libros de relatos, novelas ou teatro até obras de literatura infantil e xuvenil. Ademais, é coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO e autor de artigos e textos de moi diverso carácter. A súa vinculación coa literatura vai máis alá da escrita, xa que tamén coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Obras destacadas
- As paisaxes compartidas (1996, Laiovento), premio Carvalho Calero.
- Auto do Entroido (1995, AS-PG), premio O Facho.
- Arqueofaxia (1995, Edicións Xerais), premio García Barros.
- Noites de papel (1996, Edicións Xerais), premio Café Dublín.
- A música da noite (2001, Ediciós do Castro), premio Estornela.
- Infidelicidades (2001, Edicións Positivas), premio Narrativas Quentes.
- Irmán do vento (2003, Edicións Xerais), premio Merlín e premio Frei Marín Sarmiento.
- O xardín das pedras flotantes (2008, Edicións Xerais), premio Xerais.
- Atl (2012, Edicións Xerais), premio Blanco Amor.
- Mundo Arb (2012, S.M.), premio O Barco de Vapor.
- Cegoñas no fondo da ría (2015, Urco Editora).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
- Ceiba de luz (2017, Edicións Xerais), premio Jules Verne.

