Aurora Vidal Caramés. Orixe da fotografía: Extraído de Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Autoría: Noel Queipo.

Todas as autorías > Aurora Vidal Caramés

Aurora Vidal Caramés

Biografía

María Dolores Aurora Vidal Caramés (1934) é unha escritora natural de Pontevedra. Criouse entre letras, xa que é filla do escritor Xoán Vidal Martínez e María Josefa Aurora Caramés Monteagudo, sobriña da tamén escritora Aurora Vidal Martínez e irmá da poeta Clementina Vidal Caramés.

Estudou Maxisterio e sempre estivo vinculada ao mundo do teatro. En 1949 representou o papel protagonista dunha obra de teatro da súa tía, Camino de Belén e en 1970 estreouse a súa obra Belén Isleño. Foi destinada a Tenerife como mestra e en 1984 regresou a Pontevedra, onde fundou e dirixiu unha aula de teatro escolar. Tamén formou parte da Coral Polifónica de Pontevedra.

Obras destacadas

  • De crepúsculo a crepúsculo (2005, El Taller del Poeta).
  • Voz alzada (2009, El Taller del Poeta).
  • Páxinas da memoria (2009, El Taller del. Poeta).
  • Derradeira proeza do Marqués de Bradomín pola que tomou parte nas súas exequias (2010, El Taller del Poeta).
  • Citania (2011, El Taller del Poeta) con Clementina Vidal Caramés.
  • Nivaria (2011, Follas Novas).
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).

Obras en Pontevedra (d)escrita