Todas as obras > A memoria do boi

A memoria do boi

Xosé Vázquez Pintor
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 2001

Sinopse

Unha novela polifónica, de voces e de ecos que transparentan o distinto, o diferente dentro desa atmosfera sórdida dunha vila de beiramar e río, ó longo de máis de medio século en que se respiraba o aire das tres guerras. O Campo do boi, referente aínda vivo na Moureira pontevedresa, dá pé á imaxe simbólica do animal metafórico de Galicia: paso firme e vagoroso, resistencia, lealdade, forza, memoria…

Cita

“Era domingo en festa. As grímpolas de papel e pataca ornaban a rúa da Oliveira, a do Chanchullo…, metían as cores vivas polo eirado e detíñanse, coma nun cantil, na fronte de Santa María (dengue de pedra). Aló, en chimpo breve, estaba A Moureira, outra color. (….)”.