Todas as autorías > Xosé Vázquez Pintor
Xosé Vázquez Pintor
Biografía
Xosé Vázquez Pintor (1946) naceu en Melide, aínda que a súa infancia e xuventude transcorreron en Agolada. É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e, durante anos, foi docente de Ensino Medio en Pontevedra.
É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio e a literatura infantil e xuvenil. Tamén está moi vencellado ao mundo do teatro e foi fundador dos grupos de teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. Ademais ten colaborado en diversos medios de comunicación
No ano 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Obras destacadas
- Ofidios de diario (1984, Edicións do Cerne), premio Eduardo Pondal.
- Na vertical da noite (1990, Concello de Ourense), premio de poesía Cidade de Ourense.
- No corazón mancado (1990, Sociedade de Cultura Valle-Inclán), premio Esquío de poesía.
- Quen faga voar (2000, Laiovento), premio Carvalho Calero de creación literaria.
- Banzados (2001, Espirar Maior), premio de poesía Uxío Novoneyra.
- A memoria do boi (2001, Edicións Xerais), premio Torrente Ballester e premio da Crítica de narrativa galega.
- Para dicir abril (2008, Sotelo Blanco), premio Vicente Risco de creación literaria.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).

