Nos meses de xuño e xullo de 2025 fixemos as primeiras visitas guiadas do paseo ‘Pontevedra poética. Paseo sobre a historia da poesía no concello’, que ofrece unha visión global sobre a relación entre o noso concello e a poesía en lingua galega. Visitáronse nove espazos singulares co obxectivo de resumir unha intensa historia que comezou xa no século XIII con Paio Gomes Charinho. Nomes como os de Sarmiento, Amado Carballo e Aurora Vidal van neste paseo da man da colección Benito Soto, Filomena Dato ou Francisco Cortegoso, sen esqueceremos a pegada da poesía oral popular ou visitas ilustres.
Pomos agora o texto (case) completo do paseo para que o desfrutes pola túa conta, aquí o tes:
Deseño dos paseos: Maos Innovación Social, S. Coop. Galega