Todas as autorías > Xosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira Valverde
Biografía
Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996) naceu na praza do Peirao de Pontevedra, e morreu tamén nesta cidade, coa que mantivo unha estreita relación.
Xa no ano 1927 participa na fundación do Museo de Pontevedra, institución da que foi secretario até 1942, ano en que se converte en director. Tamén foi director do Instituto Sánchez Cantón até a súa xubilación e alcalde da cidade de Pontevedra durante o franquismo, entre 1959 a 1968.
Para alén disto, foi cofundador do Seminario de Estudos Galegos, académico de número da Real Academia Galega e director do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Obras destacadas
- Os nenos (1925, Editorial Lar), ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao.
- O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito (1927, Editorial Lar), con portada de Camilo Díaz Baliño.
- Guía de Pontevedra (1931).
- Agromar. Farsa pra rapaces (1936).
- Pontevedra y el mar. Textos para la antología de una tradición (1963).
- Pontevedra, la Tierra y sus gentes (1967).
- La ascendencia pontevedresa de Camoens (1968, Tipografía del Hogar Provincial).
- Guía breve del Museo de Pontevedra (1970, Fundación Pedro Barrié de la Maza).
- Quintana viva (1971, Editorial Galaxia), con ilustracións de L. Pintos, Seoane, Sesto, Castelao e Torres.
- El almirante pontevedrés Sarmiento de Gamboa: descubridor, cronista, poeta (1980).
- Pontevedreses universales (1985).
- La Basílica de Santa María de Pontevedra (1992, Fundación Pedro Barrié de la Maza).