Xoán Vidal Martínez. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Xoán Vidal Martínez

Xoán Vidal Martínez

Biografía

Xoán Vidal Martínez (1904-1994) era natural da parroquia pontevedresa de Salcedo e irmán da tamén escritora Aurora Vidal Martínez.

Colaborou activamente na vida cultural e política de Pontevedra. Foi co-fundador -xunto con Castelao- do Partido Galeguista de Pontevedra, chegando a ser presidente. Mestre de profesión, foi represaliado após o golpe de estado franquista do ano 1936.

A súa actividade literaria centrouse na poesía. Pertenceu á xeración de poetas do 25. Publicou varios poemas en “Vida Gallega” e colaborou na fundación de revistas como Hebe (1920-1921), Alborada (1922) ou Cristal (1932-33).

Obras destacadas

  • Mágoas (1921).
  • Alcor (1927, Alborada Ediciones).
  • Los senderos inútiles (1956, Alborada Ediciones).
  • Voz y memoria (Antología poética) (1986).