Xerardo Álvarez Limeses. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses

Biografía

Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940) foi un mestre, inspector de ensino e escritor pontevedrés.

Participou xunto Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario.

Foi académico da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos e cofundador e vicedirector do Museo Provincial de Pontevedra, do que se fixo cargo tras o falecemento de Casto Sampedro. Tamén foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada e Mi Tierra en Ourense, ademais de colaborar con diversos xornais da época como Diario de Pontevedra, Faro de Vigo ou La Correspondencia Gallega.

Obras destacadas

  • Antre dous séculos (1934).
  • Margaritas (1893).
  • Versos morales (1895).