Todas as autorías > Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
Biografía
Valentín Paz-Andrade (1898-1987) foi xurista, economista, político, escritor e poeta. Naceu no barrio de Lérez, en Pontevedra. Desde a súa mocidade, estivo vinculado ao movemento galeguista, influído principalmente por Castelao, e participou activamente en diversas iniciativas políticas a favor da autonomía de Galiza.
Estudou Dereito en Santiago e traballou como xornalista, dirixindo varios medios como Galicia. Diario de Vigo. Foi membro do Partido Galeguista e candidato ás Cortes Constituíntes en 1931. Durante a Guerra Civil axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas. Tamén foi represaliado e desterrado.
Tras a guerra, exerceu como avogado en Vigo e tivo unha exitosa carreira no sector pesqueiro, colaborando con publicacións como Industrias Pesqueras. Tamén foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova. Nas décadas seguintes, Paz-Andrade implicouse en proxectos culturais e políticos, destacando a súa participación na Comisión Negociadora da Oposición co Goberno durante a transición, e como senador nas Cortes Constituínte de 1977-1978.
En canto á súa obra como poeta, pertencía á Xeración de 1925. Tamén escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, así como obras especializadas en temas pesqueiros.
Foi membro da Real Academia Galega. Faleceu en Vigo en 1987, sendo enterrado no cemiterio de Lérez, envolto nunha bandeira galega, como el tiña solicitado.
A Lei Paz-Andrade, aprobada en 2014, leva o seu nome en recoñecemento á súa postura a prol da reaproximación entre as normas galega e portuguesa.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2012.
Obras destacadas
- Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928, Unión de Entidades Viguesas).
- Galicia como tarea (1957, Ediciones Galicia).
- Pranto matricial (1955, Ediciones Galicia).
- Sementeira do vento (1968, Editorial Galaxia).
- La marginación de Galicia (1970, Siglo Veintiuno).
- Cen chaves de sombra (1979, Edicios Do Castro).
- Castelao na luz e na sombra (1982, Edicios Do Castro).
- Galicia lavra a sua imagem (1985, Edicios Do Castro).