Todas as obras > Tantarantán

Tantarantán

Literatura popular
Editado por: Literatura Oral

Sinopse

Recitado dialogado con múltiples versións, algunhas delas localizadas en pontevedra. Xeralmente, nestes recitados dialogados, a crianza fai as preguntas e a persoa adulta responde. Reprodúcese a curiosidade das crianzas por saber para que serven as cousas. É frecuente que rematen cunha exclamación coa que a persoa adulta, xa cansa, intenta poñer fin á restra de preguntas. O ritmo, claramente marcado pola onomatopea “tantarantán”, é o propio das pandeiradas tradicionais de Galicia.

Cita

“– Tantarantán, ¿para onde vas vella? – Tantarantán, vou para Pontevedra. – Tantarantán, ¿que vas buscar? – Tantarantán, unha carga de sal. – Tantarantán, ¿para que é o sal? – Tantarantán, para facer o caldo. – Tantarantán, ¿para que é o caldo? – Tantarantán, para “llo” dar ás vellas – Tantarantán, ¿para que son as vellas? – Tantarantán, para sachar o millo. – Tantarantán, ¿para que é o millo? – Tantarantán, para “llo” dar ás churras. – Tantarantán, ¿para que son as churras? – Tantarantán, para poñer os ovos. – Tantarantán, ¿para que son os ovos? – Tantarantán, para llos dar ó crego. – Tantarantán, ¿para que é o crego? – Tantarantán, para dicir a misa. – Tantarantán, ¿para que é a misa? – Tantarantán ¡para subir ó Ceo!”