Tamara Andrés. Orixe da fotografía: Cedida pola autora. Autoría: Paula Andrés.

Todas as autorías > Tamara Andrés

Tamara Andrés

Biografía

Tamara Andrés Padín (1992) é natural de Combarro (Poio) e vive en Pontevedra, onde ambientou algunhas das súas obras.

Alén de escritora, tamén é graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.

A súa obra obtivo recoñecementos como o Concurso de Poesía O Facho, e foi finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.

Ademais, dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia. En 2024 pasou a dirixir a colección Dombate de editorial Galaxia.

Obras destacadas

  • Nenæspiraes (2016, Medulia), premio de Poesía O Facho.
  • Corpo de Antiochia (2017, Editorial Galaxia).
  • Irmá paxaro (2019, Cuarto de Inverno), con ilustracións de María Montes.
  • Peixiño desnortado. Historias para coñecermos Pontevedra (2022, Editorial Elvira).

Obras en Pontevedra (d)escrita