Todas as autorías > Roxelio Lois Estévez
Roxelio Lois Estévez
Biografía
Roxelio Lois Estévez (1842-1905), natural de Pontevedra, foi xornalista e oficial primeiro do concello de Pontevedra.
En 1861 iniciou a súa carreira como temporal na Administración de Facenda de Pontevedra, tres anos despois obtivo una praza como auxiliar do Consello provincial e foi nomeado arquiveiro da Deputación de Pontevedra. No ano 1871 converteuse en oficial primeiro do concello de Pontevedra.
Colaborou en La Opinión, El Diario, Galicia Cómica, El Ángel del Hogar e dirixiu a segunda etapa de O Galiciano. En xullo de 1890 creou a Asociación protectora de la clase obrera, unha sociedade protectora dos traballadores que tiña como órgano de prensa El Obrero. Ademais de escribir poesía e teatro, foi o iniciador da campaña para a conservación das ruínas de Santo Domingo.
Obras destacadas
- Contos e cantares (1893).
- Fabas e castañas (1894).
- Estrugas (1894).
- Coleución de cantares gallegos (1899).
- Portales vigueses (1904).
- A Cuba (1928).