Carlos Taboada e Enrique Mauricio Iglesias durante unha das súas actividades. Orixe da fotografía: Cedida polos autores.

Todas as autorías > Polo Correo do Vento

Polo Correo do Vento

Biografía

Polo Correo do Vento (2008) foi unha iniciativa que xorde a partir dunha colección de libros orientada para crianzas escrita por Enrique Mauricio Iglesias e ilustrada por Carlos Taboada, falecido no verán de 2025. Algunhas destas publicación ilustrounas a pontevedresa Tania Solla. A colección comezou en 2008, con 7 títulos publicados por Edición Xerais e logo continuou con Lela Edicións.

Esta proposta, con sede en Pontevedra, tiña por finalidade promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas, coa que percorreron centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais realizando diferentes actividades. O proxecto deu paso en 2026 ao Colectivo Xurelo.

Obras destacadas

  • Hugo, o carteiro teixugo (2008, Edicións Xerais), con ilustracións de Carlos Taboada.
  • Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016, Lela Edicións), con ilustracións de Carlos Taboada.
  • Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017, Lela Edicións), con ilustracións de Carlos Taboada.
  • De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019, Lela Edicións), con ilustracións de Carlos Taboada.
  • O teu cole na historia (2022, Concello de Pontevedra).
  • Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023, Lela Edicións), con ilustracións de Tania Solla.

Obras en Pontevedra (d)escrita