Todas as autorías > Montse Fajardo
Montse Fajardo
Biografía
Montse Fajardo (1973), xornalista e escritora, naceu en Vilagarcía de Arousa pero ten unha fonda vinculación co Concello de Pontevedra. É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un mestrado en Dereito das Administracións e Institucións Públicas.
Traballou en diferentes medios de comunicación e colabora en programas de radio. Entre 2013 a 2021 coordinou o programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. E foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.
Está interesada na investigación e a recuperación da memoria histórica desde unha perspectiva feminista, poñendo o foco nas testemuñas de mulleres que foron relegadas a un segundo plano.
Actualmente, forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.
Obras destacadas
- Matriarcas, mulleres en pé de vida (2012, autopublicado).
- Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu (2015, autopublicado).
- Invisibles (2017, Concello de Pontevedra).
- O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (2018, Concello de Pontevedra).
- A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira (2020, Concello de Pontevedra).
- ROTAS. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (2024, Concello de Santiago de Compostela).