Migallas Teatro. Orixe da fotografía: migallas.gal.

Todas as autorías > Migallas Teatro

Migallas Teatro

Biografía

Migallas Teatro (1992) é unha compañía teatral e de contacontos pontevedresa, constituída como compañía profesional no ano 1996. Pretende facer un teatro comprensible, crítico e entretido, bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá, cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.

Leva a cabo talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios.

Desde o ano 1998 esta compañía coordina en Pontevedra os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical Á procura do tesouro. Nos anos 2002 e 2003 creou e escenificou o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra. E tamén realizan visitas culturais teatralizadas polo Centro Histórico de Pontevedra como os espectáculos A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo e Paseo máxico pola Boa Vila e teñen varios libros publicados.

Obras destacadas

  • Un avó especial (2011, Migallas Teatro).
  • Canta connosco! (2013, Kalandraka).
  • Pan de millo (2016, Kalandraka).