María N. Soutelo. Orixe da fotografía: Arquivo AELG. Autoría: distrito Xermar.

Todas as autorías > María Neves Soutelo

María Neves Soutelo

Biografía

María Neves Soutelo (1982) é unha poeta natural de Pontevedra. Licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializándose logo en patrimonio documental e bibliográfico, e arquivística.

No 2007 escribiu o seu primeiro poemario, Código poético, co que logrou o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Ademais formou parte do consello de redacción da folla voandeira de poesía AugasVerso e comparte versos e reflexións no blogue Letra bastarda, así como tamén participou en numerosas obras colectivas e recitais.

Na actualidade, compatibiliza o seu labor docente coa coordinación de obradoiros de escrita creativa e a creación de contidos web.

Obras destacadas

  • Código poético (2008, Sotelo Blanco).
  • Diáspora (2012, Acha Escrava).
  • A boa filla (2020, Urutau).