Todas as autorías > Manuel Lueiro Rey
Manuel Lueiro Rey
Biografía
Manuel Lueiro Rey (1916-1990) foi xornalista e poeta, que formaba parte da chamada Xeración do 36.
Naceu en Fornelos de Montes e cando tiña sete anos de idade, a familia trasládase ao Grove. Con doce anos comezou a traballar, e con dezaoito comezou a colaborar co periódico pontevedrés El País. Militou na clandestinidade no Partido Comunista e tras o Golpe de Estado, para evitar a represión refuxiouse en Fornelos e finalmente decidiu alistarse no bando nacional.
En 1942 aprobou as oposicións para auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda e en 1944 conseguiu praza en Pontevedra. Ademais escribiu na prensa co pseudónimo Gudea, e desde a posguerra colaborou en medios como Litoral, Diario de Pontevedra, La Noche, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia, Correo Gallego, ABC, A Nosa Terra, Dorna, Espiral ou Congostra, entre outros.
Obras destacadas
- Un tempo de sol a sol (1971, Edicións do Centro de Betanzos).
- Escolma ferida (1977, Ediciós do Castro).
- O sol na crista do galo (1982, Ediciós do Castro).
- Nova escolma ferida (1988, Ediciós do Castro).