Lourdes Maceiras. Orixe da fotografía: Arquivo AELG. Autoría: Eduardo Castro Bal .

Todas as autorías > Lourdes Maceiras

Lourdes Maceiras

Biografía

Lourdes Maceiras García (1955) é natural de Barcelona mais leva anos afincada en Galiza. Estudou medicina e cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Tamén cursou o mestrado de Administración e Xestión Sanitaria, o mestrado de Deseño de Investigacións e Estatística en Ciencias da Saúde e o mestrado en Nutrición e Dietética.

Actualmente é docente na Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo. Tamén é directora da revista Salud Pública y Educación para la Salud e presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde.

En 1989 publicou a súa primeira obra de literatura infantil e xuvenil, á que seguirán moitas máis. É presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX).

Obras destacadas

  • O torque de ouro (1989, Vía Láctea).
  • Rabibranca (1991, Edelvives), con ilustracións de Manuel Uhía.
  • Nos xardíns (1994, Xunta de Galicia), con ilustracións de Manuel Uhía.
  • A pantasma da torre (2002, Edicións Xerais), con ilustracións de Manuel Uhía, premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas.