Kiko da Silva. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Kiko da Silva

Kiko da Silva

Biografía

Kiko da Silva (1979) é historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira escola Profesional de Banda Deseñada de Galiza, O Garaxe Hermético, onde imparte clase de cómic.

Comezou a debuxar de maneira profesional sendo moi novo e licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra. Traballou como humorista gráfico en La Voz de Galicia, no semanario satírico El Jueves e actualmente publica viñetas diarias en El Correo Gallego. Ademais, ilustrou numerosas novelas, publicou en diferentes editoriais, foi traducido a inglés, francés e coreano e gañou diversos recoñecementos como o Premio Xoan Manuel Pintos pola promoción da lingua galega.

Como editor, creou a revista BD banda, a revista Retranca e dirixe a editorial Retranca, e dende o 2018 a revista A Viñeta de Schrödinguer.

Obras destacadas

  • Fiz (2005, Kalandraka).
  • O humor non engorda (2008, Biblos).
  • Que contan as ovellas para durmir (2017, Galaxial Editorial).
  • Os berros da motocicleta (2020, Concello de Pontevedra), autor dos textos.
  • Moncho e a mancha (2021, Kalandraka).
  • A Silveira (2021, Retranca).