Todas as autorías > Elena Gallego Abad
Elena Gallego Abad
Biografía
Elena Gallego Abad (1969) é unha xornalista natural de Teruel. Vive en Galiza desde nena e pasou a súa infancia e adolescencia en Verín.
Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pasando despois por outras emisoras. Tamén colaborou como redactora e fotógrafa en diferentes medios e foi conferenciante e articulista. Ten unha longa traxectoria profesional no eido xornalístico. Pertence ao Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas.
Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I no ano 2010 e impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.
Obras destacadas
- Dragal I. A herdanza do dragón (2010, Edicións Xerais).
- Sete Caveiras (2014, Edicións Xerais).
- O legado da nena do sal (2023, Edicións Xerais).
- Ata que a morte nos separe (2025, Edicións Xerais).
