Todas as obras > Devalar
Devalar
Sinopse
Esta novela, integrada por materiais moi diversos e non sempre puramente narrativos, ten como protagonistas os rapaces que nacen ao galeguismo da man do Seminario de Estudos Galegos. O discorrer do relato, ateigado de ricas referencias interpretativas, é unha boa mostra do carácter fondamente orixinal, mestura de reflexión cultural e vizosa narración novelesca, que caracteriza boa parte da obra de Otero Pedrayo.
Cita
“Denantes de cear sae a dar unha volta polos soportais. A elegancia leviana das vellas arquitecturas de Pontevedra responde coa sonata das lembranzas ao debrocar da choiva. Escurece senlleiro o mastro de Santa María dos Mareantes. Chove baixiño amorosamente na cova de Lousada Diéguez. Conta o reloxo da Peregrina longos minutos. Algúns deles laiantes de angustia de xeito que semella que todo aquilo (as arquitecturas, as lembranzas, o nacer do fut ro) vaise esfarelar como un soño.”