Todas as autorías > Azucena Arias
Azucena Arias
Biografía
Azucena Arias Correa naceu en São Paulo, Brasil; mais estudou o bacharelato en Pontevedra. É licenciada en Ciencias da Educación, en Psicoloxía e doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais.
Ademais de mestra e orientadora no CEIP Vilaverde e profesora asociada da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, é escritora de literatura infantil e xuvenil, de poesía e de obras didácticas.
Ten colaborado en Eduga: revista galega do ensino, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Revista Portuguesa de Educação, Boletín das ciencias (ENCIGA), Opción: Revista de Ciencias Humanas y Sociales, Ciéncia & Educação, Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas, Boletín das ciencias, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, Revista galega de educación…
Obras destacadas
- A cirurxiá (1998, Ir Indo Edicións), con ilustracións de Rubén Pérez Lorenzo.
- A casa do grilo e da chicharra (2000, Ir Indo Edicións), con ilustracións de Xulia Barros.
- A cadela e o óso (2001, Ir Indo Edicións), con ilustracións de María Xosé Pulido.
- Debaixo dun parasol (2017, Edicións Xerais), con ilustracións de Ignacio Hernández.