Ánxel con X. Orixe da fotografía: Cedida polo autor.

Todas as autorías > Ánxel con X

Ánxel con X

Biografía

Ánxel Carramal Fernández (1994), máis coñecido como Ánxel con X, é debuxante, ilustrador e psicólogo, natural de Pontevedra.

Formouse en psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e cursou un mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria na Universidad Europea. Ademais, foi alumno da escola profesional O Garaxe Hermético.

Desde que rematou os seus estudos, compaxina a súa profesión como psicólogo coa ilustración e o cómic. No eido da banda deseñada recibiu numerosos recoñecementos como o premio ao mellor guión no Concurso de Cómics Cornellá 2021, o primeiro premio no Concurso de BD da Deputación de Pontevedra 2021 e o primeiro premio de Banda Deseñada no Xuventude Crea 2022.

Obras destacadas

  • O caderno de rama (2023, Edicións Xerais), premio O Garaxe Hermético e Banda Deseñada.