Todas as autorías > Antón Losada Diéguez
Antón Losada Diéguez
Biografía
Antón Losada Diéguez (1884-1929), foi filósofo, escritor e político. Formou parte da Irmandade da Fala de Ourense, foi un dos fundadores da revista Nós, ideólogo do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega.
En 1919 comezou a traballar como profesor no Instituto de Pontevedra, residindo na Praza do Teucro. Ocupou a cátedra de filosofía nese centro de ensino, onde tivo de discípulos a Xosé Sesto López e Xosé Filgueira Valverde, e onde chegaría a ter de compañeiros, entre outros profesores, ao propio Filguera Valverde, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Luís Pintos Fonseca e Tomás Abeigón Pazos.
Foi presidente fundador da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra (desde 1925) e do Eiriña Club de Fútbol.
Morreu prematuramente aos 44 anos de idade na cidade de Pontevedra. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.
Obras destacadas
- Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego (1918).
- Encol da prosa galega (1924).