Antonio Fraguas Fraguas. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Antón Fraguas

Antón Fraguas

Biografía

Antón Fraguas (1905-1997) foi historiador, etnógrafo, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, que centrou o seu estudou na cultura e territorio galegos desde unha perspectiva antropolóxica e etnográfica. Naceu en Cotobade pero tivo unha grande vinculación coa cidade do Lérez.

Foi membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, e formou parte das principais institucións culturais galegas, como Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a Rel Academia Galega, onde entrou en 1951 ocupando a cadeira de Castelao, ou o Consello da Cultura Galega. Ademais foi nomeado Cronista Oficial de Galicia.

Durante a Guerra Civl foi represaliado e apartado do seu posto como mestre.

Obras destacadas

  • O Culto aos Mortos (1931).
  • La Galicia Insólita (1973, Edicios Do Castro).
  • Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade (1985, Fundación Otero Pedrayo).
  • Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986, Real Academia Galega).
  • Romarías e Santuarios (1988, Editorial Galaxia).