Todas as autorías > Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Biografía
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) foi un intelectual natural de Rianxo, considerado o pai do nacionalismo galego. Foi narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político.
Na época universitaria, estudando medicina, esperta o seu interese polo debuxo e a pintura, especialmente pola caricatura, coa que comeza a denunciar as inxustizas sociais.
En 1916 trasládase a Pontevedra para traballar como auxiliar de Estatística e logo como profesor adxunto da cátedra de Debuxo, no instituto de segunda ensinanza. Aquí reside até 1936, onde colabora activamente na vida política e cultural da cidade, participando como membro fundador do Museo de Pontevedra.
Foi, ademais, director Artístico da revista Nós, membro da Real Academia Galega, deputado nas Cortes durante a Segunda República polo Partido Galeguista, colaborou en xornais e revistas como A Nosa Terra e formou parte das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. No ano 1964 foi homenaxeado polo Día das Letras Galegas.
Obras destacadas
- Un ollo de vidro (1922, Céltiga).
- Cousas da vida (1925).
- As cruces de pedra na Bretaña (1930, Seminario de Estudos Galegos).
- Álbum Nós (1931).
- Os dous de sempre (1934, Editorial Nós).
- Retrincos (1934, Editorial Nós).
- Os vellos non deben de namorarse (1941).
- Sempre en Galiza (1944).
- As cruces de pedra na Galiza (1950).