"El Chisme", 13/07/1884. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Albino Simán

Albino Simán

Biografía

Albino Simán (1868-1890) foi un xornalista e poeta pontevedrés cunha ampla produción pese á súa curta vida.

Comezou a súa andaina xornalística con El Rayo, periódico que circulaba manuscrito alá polo ano 1879. Axudante da Principal de Correos, fundou e dirixiu o xornal El Trueno en 1885, dirixiu El Chisme (1884), autodefinido como independente, recreativo, tempestivo e xoco-serio, e foi redactor de El Anunciador ou do semanario A Tía Catuxa.

Publicou a súa obra poética en diversos periódicos da época, como O Galiciano, moitas veces usando os seudónimos Nobial ou O Gaitero d’o Lérez. A súa obra poética é clasificada polos seus compañeiros dentro de dous xénero: sentimental e humorístico.

Obras destacadas

  • Nai infelis.
  • Un recordo.
  • Probe Andrés.
  • Lembranzas.
  • Veira d’o Lérez.
  • A Galician.
  • Wals crónico.
  • Marica y-o capellán.
  • Enfermedad contagiosa.
  • A Fulana de Tal.