Todas as obras > A casa de Adara
A casa de Adara
Sinopse
Sete relatos unidos polo fío sutil da rememoración de diversos episodios vitais do autor, da evocación da súa infancia, da memoria, da vida.
Sete contos, que son outras tantas historias de vida, dun río que flúe e que nos leva: a dun señorito de posguerra que viaxa a consolar ó seu sobriño neto; a dun mariño á procura dun dentista nun porto lonxano; a dun bancario bulímico; a dun “psiquiatra” falsificador; a dun marido aburrido que padece de proído testicular; a dun cubano na busca das súas raíces na casa petrucial galega.
Cita
“Se fago memoria sei que dende os sete anos, ano arriba, mes abaixo, vivín enriba xusto da estación de Pontevedra; na que xa daquela se chamaba a rúa Virxe Peregrina. O número da casa era o oitenta e tres; pero tamén era o cincuenta e cinco. Non me pregunten por que, que non saberei dicilo. En todo caso, o edificio estaba a trescentos metros, catrocentos como moito, da capela que dá nome á praza que preside e da que parte a rúa da mesma denominación na que vivín, é dicir, case no centro mesmo da cidade. A pesar diso a xente chamáballe a aquela rúa a “carretera” de Vigo. En Pontevedra sonlle así. E non levan xeito de cambiar. Todo canto non estea na cerna da poboación, prefiren amosalo como alleo. Así a miña familia: máis de medio século na cidade e aínda “non son de Pontevedra de toda a vida”. Comigo acertan, porque eu non lle son, nin serei nunca de Pontevedra; eu son da nación allaricense e veciño de Brión”.