En novembro, mes da memoria, guiamos o paseo ‘Mañá será outro día. Paseo sobre a literatura e o exilio en Pontevedra’, que ofrece unha visión global sobre a relación entre a literatura, o exilio e Pontevedra. Como Castelao desde Buenos Aires, pousaremos o noso pensamento na cidade e visitaremos oito espazos, deixando marxe á esperanza, como el mesmo fai coa frase con que pecha ‘Sempre en Galiza’: Mañán será outro día. E é que, a pesar das atrocidades sufridas, o exilio non calou e a literatura foi unha das súas ferramentas máis poderosas. Aparecerán no noso camiño nomes como os de Xosé Sesto, Ramón de Valenzuela, Josefina Arruti, Osorio-Tafall ou Paz-Andrade.
Pomos agora o texto (case) completo do paseo para que o desfrutes pola túa conta, aquí o tes:
Deseño dos paseos: Maos Innovación Social, S. Coop. Galega