Xosé Monteagudo. Orixe da fotografía: Arquivo AELG. Autoría: Distrito Xermar.

Todas as autorías > Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo

Biografía

Xosé Monteagudo (1965) licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago e desde 1991 traballa como técnico de Facenda na Axencia Tributaria de Pontevedra. Aínda que naceu en Moaña, vive en Pontevedra desde hai máis de vinte anos.

No ano 2001 recibiu un accesit no premio de relatos Modesto R. Figueiredo e desde aí o seu vínculo coa literatura non deixou de medrar, publicando diversas novelas, algunhas delas traducidas ao castelán. Tamén é autor de relatos breves incluídos en obras colectivas e en diferentes publicacións periódicas.

Ademais de escritor, exerce a crítica literaria na revista Grial, imparte obradoiros sobre narrativa e dirixe o clube de escritura Vidas de ficción.

Obras destacadas

  • As voces da noticia (2002, Editorial Galaxia), premio Blanco Amor.
  • Un tipo listo (2009, Editorial Galaxia), premio García Barros.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
  • Todo canto fomos (2016, Editorial Galaxia), premio á mellor obra narrativa na Gala do Libro Galego e premio San Clemente.
  • Eternity (2021, Editorial Galaxia), premio Narrativa Breve Repsol.
  • Vémonos mañá (2023, Edicións Xerais).

Obras en Pontevedra (d)escrita