Xosé María Álvarez Blázquez. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez

Biografía

Xosé María Álvarez Blazquez (1915-1985) foi un editor, escritor e animador cultural natural de Vigo. É unha das figuras mis importantes do neotrobadorismo, que recolle a tradición lírica medial e a adapta á creación contemporánea. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2008.

Estudou maxisterio e os seus estudos de Filosofía e Letras foron interrompidos polo inicio da Guerra Civil. Militou na Federación de Mocedades Galeguistas e o Partido Galeguista, e militou no galeguismo republicano e non marxista que contribuíu á vertebración e difusión da cultura galega durante os anos da ditadura.

Ademais de escritor, foi editor e creou a Editorial Monterrey en 1950 e fundou en Pontevedra a revista literaria Cristal (1932-1933) xunto a Xoán Vidal.

Tamén foi historiador e arqueólogo, dirixindo escavacións xunto a Fermín Bouza Brey e Enrique Massó.

Obras destacadas

  • Poemas de ti e de min (1949, Gráficas Torres. Colección Benito Soto).
  • Roseira do teu mencer (1950, Edicións Monterrey), con ilustracións de Xohan Ledo.
  • Escolma de poesía medieval (1975, Edicións Castrelos).
  • Canle segredo (1976, Edicións Castrelos), premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires.